O Control Oficial de Rendemento Leiteiro comprende unha serie de operacións que seguen as liñas das recomendacións internacionais establecidas polo ICAR, destinadas a aportar aos ganaderos e aos Programas de Seleción de informacións obxectivas, non sesgadas e dunha precisión suficiente, acerca de caracteres tanto produtivos como non produtivos dos animais en produción.
Os obxectivos principais do Control Oficial de Rendemento Leiteiro resúmense nos seguintes: proporcionar datos utilizables para o cálculo de índices xenéticos para os Programas de Seleción, proporcionar ao gandeiro información para a toma de decisións e para o control da produción, do manexo, da alimentación e da seleción de reprodutores da súa explotación.
O Control Oficial de Rendemento Leiteiro ten un valor engadido para o gandeiro que é, sen dúbida algunha, o esforzo que as organizacións implicadas realizan na visita mensual ás gandeirías, nas que os técnicos recollen unha ampla información, que unha vez elaborada, reflectirá na medida do posible a realidade produtiva das gandeirías sometidas a control e mellorará a eficacia produtiva dos animais das mesmas. Por último, indicar que o Control Oficial de Rendemento Leiteiro da como resultado documentos oficiais das producións dos animais inscritos nos Libros Xenealóxicos, base para a xustificación ante os organismos oficiais dos resultados obtidos á hora de optar ás axudas oficiais.
Usuario
Contrasinal